Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidos tres individuos polo roubo dunha nave industrial en Santa Mariña

RR_Noticias

Axentes da policía detiveron aos tres homes logo de seren sorprendidos no interior dunha nave industrial de Redondela e darse á fuga, tras subtraer varios metros de cable de cobre. Dous dos detidos de trinta e seis e trinta e tres anos de idade son veciños do concello mentres que o terceiro reside en Vigo.

Axentes da Policía Nacional detiveron na noite do pasado luns a tres individuos logo de seren sorprendidos no interior dunha nave industrial na Avenida de Santa Mariña. Cando os axentes accederon ao interior do recinto observaron a varias persoas que fuxían do lugar polo que se iniciou unha persecución que rematou coa detención de tres individuos.Un dos detidos era un varón de trinta e un anos de idade e veciño de Vigo, mentres que os outros dous residen en Redondela e contan con trinta e seis e trinta e tres anos de idade.Logo de inspeccionar o interior da nave xunto a un encargado da mesma, comprobaron que foran subtraidos do lugar varios metros de cable de cobre pertencentes a subministración xeral de enerxía da empresa e aos cadros eléctricos de control das máquinas.Todos os detidos contan con antecedentes policiais e pasaron a disposición xudicial do Xulgado de Instrucción número Un de Vigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará