Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Clausurado o local de ensaio á espera de que se reparen os danos e se repoña material

RR_Noticias

A concelleira de Participación Cidadá, Herminda Quelle estima en 3.000 euros o que haberá que investir para acondicionar o local e repoñer os instrumentos estragados. Descoñécese quen foi o autor ou autores dos estragos.

Os grupos de música que empregaban o local de ensaio habilitado nunha das antigas casas dos mestres na Avenida Mendiño tiveron que suspender temporalmente a actividade, logo de que o Concello decidise clausurar as instalacións á espera de que se reparen os danos e se repoña o material estragado.
Segundo manifestou a concelleira de Participación Cidadá os danos son cuantiosos, xa que ademais do mobiliario do local algúns dos instrumentos están estragados e mesmo desapareceu material como micrófonos e outros instrumentos que haberá que repoñer.
A porta foi xa reparada e logo de reunirse cos grupos que actualmente estaban empregando o local, os responsables municipais estudan habilitar algún sistema, como podería ser un código de entrada, para ter un maior control sobre os usuarios que acceden a sala.
Estase a espera de recibir orzamentos para levar a cabo as reparacións necesarias, aínda que a Concelleira estima que será necesarios un investimento de máis de 3.000 euros antes de abrir novamente a porta do local.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará