Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os roubos do cableado eléctrico afectan xa a seis parroquias do municipio

RR_Noticias

En total os ladróns de cobre leváronse esta semana ao redor de 6000 metros de cable do alumeado público segundo as primeiras estimacións do concelleiro responsable de vías e obras, Cándido Vilaboa. As zonas afectadas permanecerán sen luz aló menos ata a vindeira semana.

O concelleiro de Vías e obras e alumeado de Redondela, Cándido Vilaboa amosábase preocupado ante o notable incremento deste tipo de roubos xa que repoñer o cableado subtraído suporalle ás arcas municipais máis de 12.000 euros.
A zona máis afectada atopámola en Vilar, xa que os ladróns leváronse desta parroquia uns 1.500 metros de cable e deixaron a escuras a vía entre O Cortizo e Cabeiro. No camiño da Bruxa en Chapela os ladróns fixéronse con 1.200 metros mentres que en San Vicente de Trasmañó leváronse outros 1.100 metros. Outras parroquias afectadas son as de Soutoxuste, Ventosela e Saxamonde.
As consecuencias deste tipo de roubos, cada vez máis estendidos en toda a comunidade,  non son só económicas, xa que provocan importantes prexuízos para os veciños ao deixar sen alumeado público as zonas afectadas. De feito, Cándido Vilaboa estima que repoñer os metros de cable roubado non será posible ata a vindeira semana.
Dende o concello teñen previsto ademais poñerse en contacto cos responsables de Industria para tentar substituír o cableado de cobre por outro tipo de material para evitar que estes roubos tan gravosos economicamente para o concello continúen a producirse no futuro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará