Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación comprométese a buscar unha solución aos problemas económicos do Racing

RR_Noticias

O club de discapacitados intelectuais de Chapela foi embargado por unha débeda de pouco máis de 300 euros, a raíz dun préstamo que a entidade solicitou mentres o organismo provincial resolvía a concesión dunha subvención. O deputado e concelleiro Alberto Pazos entende que “todo se debe a un malentendido” e que o Club de Chapela recibirá a achega da Deputación.

O deputado provincial e concelleiro de Redondela, Alberto Pazos comprometeuse coa directiva do equipo a tentar solucionar o problema económico que condena ao club ao embargo. Asegura Pazos que “todo se debe a un malentendido co tema dunha subvención” motivo polo que entende que como Deputado na entidade provincial e concelleiro de Redondela está entre os seus cometidos buscar unha solución o problema para evitar que a entidade desapareza.
Dende a directiva do Club de discapacitados intelectuais explicaban días atrás que o club fora embargado por unha débeda con Novacaixagalicia que ascendía a pouco máis de 300 euros. Os responsables do Racing decidiran pedir un crédito por valor de 2.000 euros logo de que así llo aconsellara o anterior responsable de deportes da Deputación e actual alcalde de Cangas Enrique Sotelo mentres resolvía a concesión da subvención que debía permitirlles acudir aos campionatos de España de natación e campo a través.
Os responsables do club como avalistas do préstamo foron facendo fronte aos pagos ata que o presidente da entidade se viu imposibilitado a asumir á cota mensual logo de quedarse sen traballo.
Alberto Pazos entenden que este problema poderá ser resolto con éxito.
O Racing de Chapela é un club de discapacitados intelectuais que no últimos anos ten colleitao máis dun cento de medallas nos campionatos de España e Galicia en diferentes modalidades deportivas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará