Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR regresa a Primeira Nacional

RR_Noticias

O conxunto redondelán, que tiña descendido, aceptou a proposta da Federación española de balonmán para manterse na categoría. Unha decisión que permitirá aos afeccionados asistir a novos derbis entre a Peguform e o Paraxe Chapela.

As cousas non lle foran ben o equipo redondelán na última tempada e os malos resultados deportivos traducíronse nun descenso da categoría. Unha situación que xogadores e directivos parecían ter asumida e de feito estaban xa a traballar no equipo que durante a vindeira tempada debía militar en Primeira Autonómica.
Sen embargo, a Federación Española de balonmán daba a sorpresa e convidaba a Sar a ser un dos cincuenta e seis equipos que van xogar en Primeira nacional masculina. Unha proposta que nunha decisión rápida foia aceptada pola nova directiva que preside Aurelio Krook “Lito”. Mañá xoves celebrarase o sorteo para conformar os catro grupos que forman a terceira categoría do balonmán.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará