Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada sobre lexislación urbanística no Convento de Vilavella

RR_Noticias

Os empresarios apuran os procesos de legalización de edificacións e a regularización de actividades permitidas ata o 20 de abril de 2012. Para explicar este proceso celébrase esta tarde no Convento de Vilavella unha xornada sobre lexislación urbanística de Galicia a cargo de Roman Rodríguez González.

Román Rodríguez González, Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela e experto en procesos de urbanización e desenvolvemento de pequena cidade, abordará temas como: a ordenación de asentamentos industriais preexistentes, as implicacións da lexislación sobre os Plans Xerais de Ordenación Municipal e os aspectos e particularidades deste sobre o territorio rural e litoral de Redondela, así como a importancia da planificación urbanística para o desenvolvemento comercial e terciario dos núcleos urbanos. Con todo, un dos principais asuntos que se abordará na xornada é a clarificación das instruccións publicadas pola consellería de medio ambiente, territorio e infraestruturas respeto a disposición transitoria terceira da Lei 2/2010 de 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección de medio rural de Galicia. Este proceso, que permite a legalización de edificación e regularización de actividades que ata o de agora se mantiñan fora da legalidade, está aberto ata o 20 de abril de 2012. Un proceso que está sendo realizado por moitas empresas pero que entenden na Asociación de empresarios, é importante espallar para que toda a información chegue aos empresarios que se atopen nestas condicións de fora de ordenamento para poder regularizar as súas actividades e permitir legalización das contrucións e edificacións.  

Julia Alonso Asociación empresarios
As xornadas están orientadas ás empresas pero tamén poden resultar interesantes para os particulares
Un experto en urbanismo
Román Rodríguez é experto en procesos de urbanización e desenvolvemento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará