Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Centos de persoas celebran en Redondela o xoves do Corpus

RR_Noticias

Na xornada de hoxe haberá actividades infantís na Alameda a partir das 18:30 horas. Na fin de semana poderanse ver novamente as alfombras florais nas rúas de Vilavella e no mediodía do domingo a Danzas das espadas e as Penlas serán as protagonistas na Praza da Farola.

O bo tempo acompañou e o público asistiu masivamente ás celebracións que se viviron en Redondela co gallo do festivo local do Corpus. Unha vez máis as alfombras florais e a tradicional danza das espadas e as penlas non defraudaron aos numerosos asistentes que dende primeira hora xa percorrían as rúas Alfonso XII, Reveriano Soutullo, Isidoro Queimaliños e Rúa do Adro para poder ver de preto os tapices que horas despois desaparecerían baixo os pes da procesión. Unhas festas que oficialmente arrancaban na tarde do mércores cun pequeno discurso do novo alcalde, Javier Bas, quen acompañado no balcón da casa consistorial polos ex rexedores Amado Ricón e Xaime Rei, convidaba aos veciños a gozar das festas da Coca Unhas festas onde relixión e paganismo van da man, algo que se escenifica á perfección coa procesión do Corpus onde non faltan as imaxes da virxe pero tampouco eses danzantes que deberán ser os encargados de dar morte ao dragón. Uns símbolos aos que facía referencia obrigada a pregoeira deste ano, membro fundador do Seminario de Estudos redondeláns, Lola Míguez, cun pregón onde houbo un chamamento inequívoco a conservar o propio e a seguir afondando nos costumes onde conviven pasado e presentes. Unhas festas que continuarán durante toda a fin de semana con actividades deportivas, musicais e relixiosas.  

Lola Míguez preogeira
Dende o Seren fixeron unha lembranza aos símbolos propios da festa
Conservar o propio
Pasado e presente conviven nesta celebracións
A coca e Benito
Incluso hai coplas que lembran ao obrigado acompañante do noso dragón
Javier Bas alcalde
Por primeira vez Bas presidia as celebracións da Coca

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará