Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Once músicos actúan en San Simón dentro do festival Sinsal

RR_Noticias

O festival terá lugar o día 25 de xuño e contará con 3 escenarios, espazo para performances e proxeccións. O prezo da entrada é de 25 euros e inclúe transporte en barco – con saídas dende Cesantes e San Adrián de Cobres- e asistencia aos concertos.

A Illa de San Simón acolle este sábado 25 de xuño o Festival Sinsal, no que participará once músicos, proxectaranse documentais e realizaranse ademais outras actividades entre as que se inclúe a proxección do documental do grupo Efterklang “AN ISLAND” de Vincent Moon
O programa musical estará encabezado polo redondelán Diego Cobo, máis coñecidos como Mwüeslee, un dos mellores Dj’s europeos que recentemente ven de participar na edición do Sonar de Tokio.
En total son tres escenarios repartidos pola Illa nos que se poderán ver as actuacións de Muriel Bruxas, un trío de viguesas que presentan un proxecto a medio camiño entre o musical e o teatral, combinando cantos gregorianos, música clásica, hip hop, muiñeiras ou música electrónica. Tamén actuará 2uS, Bflecha ou o recente gañador do concurso de maquetas de Benicasim, Jane Joyd. Completan o cartel Laeticia Velma, Wooden Wand, The Kellies, Buke and Gass, Secret Chiefs 3 vs Fat 32 e The Marzipan Man.
A entrada para asistir aos concertos custa 25 euros e inclúe o transporte en barco, con saídas dende o peirao de Cesantes e San Adrián de Cobres. Existe a posibilidade de acollerse a un desconto dun 25% no caso de pertencer á comunidade universitaria de Vigo, A venda de entradas estase a realizar a través da páxina web de Servinova.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará