Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lola Míguez do Seminario de estudos redondeláns pregoeira da Coca

RR_Noticias

O pregón terá lugar o vindeiro mércores ás 21:00 horas dende o balcón da casa consistorial e será un dos primeiros actos dentro dunhas festas onde non faltará a tradicional elaboración das alfombras florais,  a Danza das espadas e as penlas e os espectáculos orientados ao público infantil.

Este ano a persoa encargada de ler o pregón será unha muller, Lola Míguez Montes. membro do Seminarios de Estudos Redondeláns (Seren), unha asociación que nos últimos anos ven desenvolvendo un importante labor de recuperación do patrimonio material e inmaterial e de espallamento da historia local. O recen estreado edil de cultura, Alberto Pazos, amosaba a súa satisfacción porque sexa ademais unha muller a que poña voz ao pregón destas festas. Un programa onde non faltarán os actos centrados na Danza das espadas e as penlas e a elaboración das alfombras florais. Un traballo este último no que dende hai días veñen traballando numerosas persoas e que vivirá o momento álxido na noite do vindeiro mércores. O edil de cultura insistía en que a ausencia de grandes novidades é algo premeditado para centrar a atención nos elementos tradicionais e poñer en valor os actos máis vencellados a estas celebracións. Un programa onde tamén haberá actividades orientadas aos cativos dentro do programa “A coca dos nenos” coa actuación de Touporroutou e o Gran Rufos na tarde do xoves na Alameda. O venres haberá un obradoiro de circo e un espectáculo a cargo do cómico-clown Rudy Dudy. O peche deste programa supón a primeira actuación de Alberto Pazos ao fronte da concellería. O edil anuncia que en breve comezará a traballar xa no programa do verán que terá o seu punto álxido con Entroido no mes de agosto.  

Alberto Pazos edil de cultura
Este ano a pregoeira será unha muller
Ausencia de novidades
O edil explicaba o por que da ausencia de novidades
Entroido de verán
Entende que novo edil que a "impronta" do PP notarase sobre todo nos actos de verán

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará