Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javier Bas reducirá nun 30% o gasto en retribucións a concelleiros e persoal de confianza

RR_Noticias

O alcalde asume a concellería de Persoal e deixa nas mans de Arturo González as concellerías de Urbanismo, Infraestruturas e Interior. González convértese así no “home forte” do goberno popular e no responsable de sacar adiante o Plan Xeral.

O alcalde de Redondela e novo responsable de persoal no concello, Javier Bas, non escatima eloxios para o que será o home forte do goberno popular, o edil Arturo González. Xestionará áreas de gran responsabilidade como son Urbanismo, Infraestruturas e Interior e será polo tanto o encargado de levar a bo porto unha das prioridades que para este mandato se marcan dende o PP: aprobar o Plan Xeral de ordenación municipal. Unha persoa que Bas cualifica de “dialogante, conciliador e sen intereses en Redondela que o poidan facer sospeitoso de nada” Tamén en postos destacados atopamos a Miguel Álvarez, tenente de alcalde e responsable de Medio Ambiente e ao que fora voceiro do PP no anterior mandato, Alberto Pazos quen se ocupará de Cultura. Áreas destacadas tamén para dúas “novatas” na corporación. Ana María Alonso asume Economía, Facenda e Promoción de emprego e Teresa París será responsable de Servizos Sociais, Igualdade e Ensino. Neste reparto de concellerías e responsabilidades dende a alcaldía sulíñase como prioritario diminuír a partida económica destinada as retribucións dos concelleiros e do persoal de confianza. De feito, asegura Javier Bas que el será o único membro do goberno con dedicación exclusiva e que estes cambios traduciranse nun aforro dun 30%. Está definido ademais que Cándido Vilaboa asuma o departamento e de Vías de obras, Erminda Quelle será a responsable de Participación Cidadá, Xuventude e Feiras e Mercados, Mª José Barciela coordinará Parques e Xardíns e finalmente Jesús Crespo o concelleiro de Deportes e Novas Tecnologías. Uns nomeamentos que están pendentes do pleno municipal no que se deberá aprobar a proposta e que con total probabilidade celebrarase na última semana de mes para evitar a súa coincidencia coas celebracións da Festa da Coca.

Javier Bas alcalde e responsable de persoal
Tentará mellorar o contacto cos empregados
Arturo González "home forte" do goberno
Será edil de Urbanismo Infraestruturas e Interior
Postos destacados na lista
O número 2 e 3 asumiran Medio Ambiente e Cultura respectivamente
Reducción dun 30%
Esa é a porcentaxe que se propón aforrar en gastos de persoal de confianza e concellerías

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará