Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR afronta con ilusión a nova etapa na Segunda Nacional

RR_Noticias

O equipo redondelán logo do descenso afronta unha nova etapa no plano deportivo, pero tamén na directiva. Contan con xente que xa estivo na anterior directiva, como o propio presidente Aurelio Krook, pero tamén con novas incorporación. O seu obxectivo é seguir apostando pola canteira, para o que queren reforzar as Escolas Deportivas.

A SAR comezará a próxima temporada 2011-2012 cunha ducia de equipos en diferentes categorías. O equipo absoluto, recentemente descendido a Segunda Nacional, contará con Pablo Muíños como adestrador, o técnico que ata o de agora adestraba ós equipos da base. Este é un reflexo do que é a filosofía do club a partires de agora, e que aposta “pola canteira”. Esa é a máxima do novo presidente do club, Aurelio Krook, Lito. De feito a intención da directiva é alimentar ó equipo da máxima categoría con xogadores “da canteira”, e a próxima temporada traballarán co mesmo bloque. Trátase de xogadores “moi novos”, de entre 19 e 20 anos, na maioría dos casos, que aínda están “collendo experiencia”, segundo explica Lito. En canto ós obxectivos para a próxima temporada, o presidente explica que a única pretensión é “traballar e adestrar duro”, e no caso de que chegue a posibilidade de xogar a fase de ascenso “facelo o mellor posible”. En todo caso o obxectivo de volver á Primeira Nacional é un proxecto que barallan no prazo de “dous ou tres anos”. E queren facelo con xogadores de Redondela, xa que para o club “esa é a súa razón de ser”. Para ampliar esa canteira seguirán traballando cos equipos base e fomentando o balonmán nas Escolas Deportivas dos colexios. A comezos do próximo curso impartirán charlas informativas nos centros e ensino para levar o balonmán non só os colexios de Redondela senón tamén ós de Arcade e Amoedo.  

Lito presidente
O obxetivo do club é conformar o equipo con xogadores da canteira
Escolas Deportivas
O próximo curso reforzarán as escolas en Redondela Arcade e Amoedo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará