Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pintadas nas rúas contra AER

RR_Noticias

A decisión de AER de non apoiar a investidura do candidato socialista Eduardo Reguera como alcalde parece que non foi acollida deportivamente por todos. De feito, na fin de semana apareceron xa algunhas pintadas nas que se facía alusión á decisión da agrupación de electores de absterse na sesión de investidura do vindeiro 11 de xuño o que vai deixar a alcaldía en mans do partido máis votado, que nestes comicios electorais foi o PP.

“AER xa non escoita. Cómplices do PP”, unha pintada que non preocupa aos integrantes desta Agrupación de Electores que lembran unha vez máis que coa súa decisión de absterse na sesión de investidura do vindeiro 11 de xuño non “non están nin a regalar nin a roubar a alcaldía a ninguén xa que os populares acadaron máis votos que o PSOE e o BNG xuntos”.
Mentres, o futuro alcalde Javier Bas prefire agardar e anuncia que na vindeira semana manterá unha xuntanza coa Agrupación de electores para tentar achegar posturas e dar un goberno estable a Redondela. É prudente ademais nas súas declaracións xa que entende que ata que se produza a sesión de investidura as cousas poderían cambiar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará