Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os títeres enchen as rúas

RR_Noticias

A gran festa do festival internacional de títeres terá lugar na ifn de semana nas rúas ep razas do Concello. Hoxe a programación de sala continúa coa obra Guyi-guyi ás 21:00 hroas no Multiusos. Mañá subiranse ao escenario as compañías Titiriguiri e Pelmánec.

Os monicreques esperan acaparar durante a fin de semana todo o protagonismo que parece lles está a quitar a política local. De feito son xa varias as funcións que esgotaron as entradas que se destinan á venta anticipada, aínda que dende a organización do festival lembran que a metade do aforo non se pon á venda ata dúas horas antes de cada espectáculo. Así os que queiran achegarse esta noite ao espectáculo “Guyi-guyi” da agrupación murciana Periferia ou mañá ás 17:00 horas á obra “El viaje de Martín” de Titiriguiri así como ao resto das funcións de sala sempre ten a oportunidade de achegarse ao Multiusos no horario establecido. Obras para grandes e pequenos que naglúns casos tamén nos deixan propostas innovadoras. Ë o caso de titiriguiri quen aposta por unha obra onde títeres, teatro e debuxos animados van da man nunha viaxe audiovisual tendo como sóprote un gran lenzo articulado no que interactúan constantemente os títeres, os debuxos e unha actriz titiriteira, Sonia Muñoz, encargada de dar vida dende dentro ao espectáculo CORTE Pero as propostas son múltiples e moitas delas completamente gratuítas con actividades que se irán desenvolvendo no casco urbano dende as doce do mediodía ata as dez da noite tanto na xornada do sábado como o domingo.

Sonia Muñoz. Titiriguiri
Un espectáculo innovador para a tarde do sábado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará