Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A abstención da Agrupación de Electores confirma a investidura de Javier Bas

RR_Noticias

Os integrantes de AER decidiron onte por unanimidade optar pola abstención na vindeira sesión de investidura do 11 de xuño. Unha decisión que permitirá un goberno en minoría do PP liderado por Javier Bas e que deixa aos partidos de esquerda -PSOE e BNG- na oposición.

A Agrupación de Electores argumenta a súa decisión alegando que os veciños xa se posicionaron nas urnas dándolle a vitoria ao PP e que, polo tanto, coa súa decisión non están nin a regalar nin a roubar a alcaldía a ninguén xa que os populares acadaron máis votos que o PSOE e o BNG xuntos”. Sobre as críticas que os acusan de manter unha postura contradictoria por permitir un goberno de dereitas a pesar de definirse como unha agrupación de esquerdas, insisten en que son “unha formación que aglutina diferentes xeitos de pensar que teñen como punto de encontro o seu descontento xeneralizado cos partidos tradicionais ao non sentirse representados por ningún deles” e que  agora o seu traballo será durante este catro anos “transmitir nos plenos o sentir dos veciños”. Con esta transcendental decisión, os dez concelleiros do PP gobernarán en minoría fronte aos 8 do BNG, os dous do BNG e o representante da Agrupación de Electores, cuxo nome aínda está por decidir.

Alex Figueira AER
Explica os motivos que os levan a optar pola abstención
Diferenes xeitos de pensar
A agrupación aglutina ideoloxías diversas
Escoita toda a entrevista
AER explica o proceso que os levou a tomar esta decisión e cales serán os pasos a dar no futuro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará