Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un cabaré de fíos convídanos a coñecer a música e os bailes do mundo

RR_Noticias

A compañía rusa The Fifth Wheel leva as súas marionetas de fíos ao Multiusos da Xunqueira cun espectáculo sen texto e con ritmo como base para todos os públicos. Será hoxe ás 21:00 horas.

A compañía The Fifth Wheel proponnos unha brillante mestura de teatro, música e humor a través dos personaxes que se suceden nos diferentes números. Os seus espectáculos están centrados no xénero de “títeres de variedades”, breves comedias ou números cunha técnica perfecta que lles abriu as portas dunha intensa actividade internacional e que os achega tamén ao festival de Redondela. O director do festival, Luís Crespo,lembraba que ademais da variada e interesante programación de sala, durante a fin de semana será cando se produza a maior concentración de actividades, con música que animará as rúas e moitos espectáculos que encherán todo o centro urbano e que esperan atraer a preto de 35.000 persoas.

Lisa The Fifth Wheel
Un espectáculo para todos os públicos
Luis Crespo director do festival
Esperan recibir preto de 35.000 persoas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará