Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pacto de silencio na Agrupación de Electores

RR_Noticias

A formación mantén a incógnita sobre o seu voto na sesión de investidura do próximo 11 de xuño. O futuro da alcaldía continúa polo tanto pendente do que decidan os integrantes de AER nunha nova asemblea que celebrarán este xoves na Casa da Cultura.

Javier Bas e Aduardo Reguera mantéñense á espectativa de coñecer cal será a decisión definitiva dos integrantes da Agrupación de Electores de cara á sesión de investidura. A estas alturas todas as opcións están abertas: AER podería optar por votarse a si mesmos ou absterse, o que deixaría un goberno popular en minoría. A terceira opción sería apoiar co seu voto a investidura do socialista Eduardo Reguera, quen podería formar goberno co BNG.
En todo caso, pase o que pase, os ruxe ruxe son moitos e os membros de AER optan por gardar silencio. Un dos seus portavoces, Manuel Angel Pérez, aseguraba na mañá de hoxe que nos vindeiros días farán pública a súa decisión e que explicarán os motivos que os leven a posicionarse dun ou doutro xeito.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará