Hoxe é Xoves 11 de Agosto de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Agrupación de Electores decide hoxe quen gobernará en Redondela

RR_Noticias

A Agrupación de Electores de Redondela celebra esta tarde unha asemblea ás 21:00 horas na que abordarán o seu papel como chave de goberno. O seu único voto na sesión de investidura será clave para decidir se o PP chega a alcaldía ou se o goberno se mantén en mans dunha coalición de esquerdas.

Na reunión de hoxe, na que participarán todos os membros da formación, analizarán as opcións ás que deberán facer fronte nos vindeiros días logo de acadar un concelleiro que vai ter na súa man a capacidade de dar a alcaldía ao popular Javier Bas ou ao socialista Eduardo Reguera.
A espera de coñecerse o acordo que saia da asemblea de hoxe un dos integrantes da formación asegura que non contemplan pactar con ninguén e que a priori a súa intención na xornada de investidura é votarse “a si mesmos ou optar pola abstención”.
No caso de que manteñan esta postura Redondela contaría a partires de xuño cun goberno en minoría en mans do PP. Lembramos que os 6.635 votos acadados polos populares nestes comicios tradúcese en que contarán cun total de dez concelleiros, dous máis que os que contaban no anterior mandato, cantidade suficiente como para gobernar en minoría no caso de que non se produza un acordo a tres bandas entre PSOE, BNG e AER.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará