Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Esgotamento entre os ex traballadores do Grumir logo de 4 días en folga de fame

RR_Noticias

Aínda que se amosan firmes na súa decisión de continuar coa folga de fame que iniciaran ás 8:00 horas do pasado luns, os ex traballadores do servizo de emerxencias confesan que cada vez se senten máis débiles e que as forzas comezan a fallar logo de catro días inxerindo tan só zumes, soros e bebidas enerxéticas.

Con todo insisten e reiteran o seu propósito de manter a protesta de xeito indefinido mentres non exista un compromiso en firme por parte do goberno de que non se vai deslocalizar o servizo de emerxencias. En xeral séntense arroupados pola xente e agradecen o apoio que están a recibir de moitos veciños pero comeza xa a espallarse entre eles certo desánimo debido sobre todo a que están a esperar un achegamento por parte dos responsables municipais que non parece próximo.

Jonathan
Os traballadores comezan a amosar esgotamento
Jose
Agradece o apoio da xente
Xesús
Esperan un achegamento do goberno que non chega

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará