Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os xuvenís de Chapela foron os claros vencedores nas regatas disputadas en Moaña

RR_Noticias

A embarcación redondelá foi a vencedora na categoría xuvenil de trainerillas tanto na Bandeira Concello de Moaña disputada o sábado como na regata puntuable do domingo, por diante de Vilaxoán e Amegrove. Na categoría absoluta acadaron a quinta praza, e na feminina foron cuartos. Mañá dispútase no Grove a Bandeira Deputación de Pontevedra, preparatoria para o Campionato Territorial de Galicia Sur que se celebra a próxima fin de semana en Bueu. En canto ó fútbol o Choco empatou a dous goles co Nigrán e rematará a liga no campo do Bahía.

Trainerillas
Samertolameu de Meira organizou onte unha regata contrarreloxo de Trainerillas que serviu de preparación para os distintos clubs da provincia para o Campionato Territorial que terá lugar a próxima fin de semana en Bueu. Na regata de Meira, que levou a cabo na modalidade de contrarreloxo, as embarcacións de Vilaxoán e Amegrove renderon outra vez a moi bo nivel, rematando na primeira e segunda praza, respectivamente. A embarcación de Chapela na categoría absoluta masculina rematou na quinta praza.
Polo que respecta á categoría xuvenil, Chapela fíxose onte coa vitoria por diante de Vilaxoán e Amegrove, amosando unha vez máis a súa clara superioridade. Xa o sábado tamén foras os xustos vencedores na Bandeira concello de Moaña. Os de Redondela marcaron 14.35, mentres que os vilagarciáns fixeron 14.52 e os grovenses 14.55. En categoría absoluta feminina, a vitoria foi para Samertolameu, por diante de Bueu e de Vilaxoán, que se fixo cunha meritoria terceira praza. As rapazas de Chapela tiveron que conformase coa cuarta praza, empeorando o resultado da Bandeira Concello de Moaña disputada o día antes, e na que foron segundas por diante de Bueu.
Mañá as trainerillas chegan ao Grove, xa que o club Amegrove organiza a Bandeira Deputación de Pontevedra. Será no Porto de Meloxo ás 12:00 horas. Será a última proba antes do Campionato Territorial que se disputa en Bueu a próxima fin de semana. O sábado ás 17.00 horas comezan as regatas clasificatorias, e o domingo ás 12.00 horas celébrase a final.
Preferente Sur
Choco 2-2 Nigrán
O reparto de puntos en Santa Mariña non deixa satisfeito a ningún dos dous equipos. Con este punto o Choco sitúase na 12ª praza, que non garante a permanencia, mentres que o Nigrán complica a súa participación na fase de ascenso. O domingo xógase a última xornada, Bahía-Choco
Futbol Sala-Autonómica Sur
Mobles Andrade 3-3 Redondela
O empate foi a crónica dunha morte anunciada. O equipo redondelán consuma o descenso que o estivera ameazando durante toda a tempada. Os de Manoliño amosáronse como un equipo en transicion que non acba de atopar o seu sitio. Hoxe luns a directiva do club reúnese cos cos xogadores para planificar a vindeira tempada.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará