Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Candeas acesas para protestar contra a ampliación da AP-9

RR_Noticias

Os veciños de Chapela concéntranse os xoves a partir das 21:30 horas nas pasarelas peonís sobre a autoestrada. O obxectivo é facer visible os problemas que padecen por vivir preto da vía e sobre todo, denunciar unha vez máis as intencións de Fomento de ampliar esta infraestrutura co conseguinte prexuízo para a parroquia

A ampliación da autoestrada ao seu paso por Chapela continúa pesando para os veciños desta parroquia, especialmente para os que teñen ás súas vivendas preto da vía. Por este motivo, e logo de varios anos, aínda lles quedan forzas e ideas para continuar coas protestas dun xeito orixinal. Dende hai dúas semana teñen unha cita no seu calendario todos os xoves ás 21:30 horas. A esa hora más de duascentas persoas cítanse nas pasarelas peonís que discorren por riba da autoestrada dende a Subida de San Vicente ata a ponte de Pasan. O obxectivo é que todos os condutores coñezan os seus problemas así como denunciar os intereses de  Fomento de seguir adiante coa ampliación da autoestrada a pesar de que os estudos existentes demostran que o tráfico pola Ponte está a sufrir un descenso considerable nos últimos tempos. Con esta curiosa protesta denuncian tamén outros problemas que lles afectan como a contaminación acústica e ambiental, o impacto visual e o mal mantemento da vía por parte da concesionaria, a pesar de tratarse dunha das autoestradas máis rendibles do estado.

Roberto Villar afectados pola AP-9
Critican a postura de Fomento
Diversos problemas
A ampliación sería o problema máis grave sumado a outros xa existentes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará