Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Triunfo dos Xuvenís de Chapela en Vilaxoán

RR_Noticias

O Trofeo Náutica Vidal disputado onte en augas de Vilaxoán saldouse con vitoria dos remeiros de Chapela na categoría Xuvenil Masculina, onde se amosaron moi superiores. No fútbol o Choco non foi quen de superar ó Lalín, mentres que na Primeira Autonómica tanto Chapela como Arcade quedan ás portas do descenso, á espera dos arrastres das categorías superiores.

Trainerillas-Trofeo Náutica Vidal
A regata de Vilaxoán estivo onte a piques estivo de suspenderse , como aconteceu o sábado no Grove, onde se suspendeu a proba. Pero finalmente o Trofeo Náutica Vidal disputouse, aínda que con moi mal tempo, con forte vento e intensos chuvascos intermitentes. Os Xuvenís de Chapela estiveron intratables, e demostraron unha gran superioridade diante dos seus competidores, deixando a 30 segundos a Samertolameu, que foi segunda, acadando a terceira praza a embarcación de Vilaxoán. Na categoría Absoluta Feminina o barco de Chapela foi terceiro, por detrás de Samertolameu e Vilaxoán. E xa na proba Absoluta Masculina a embarcación de Chapela acadou a cuarta praza, logo de Tirán, Amegrove e Remedios.
Preferente Sur
Lalín 3-1 Choco
O Choco non foi quen de superar ó líder da categoría, que demostrou a súa superioridade nunha xornada na que festexou tamén que xa ten asegurado o ascenso. Con todo, os primeiros 45 minutos foron excesivamente relaxados por parte dos dous equipos. Xa na reanudación os locais puxeron máis intención, cun gol no minuto 52 cun cabezazo de Matelo. Minutos máis tarde Iván poñía o 2-0 no marcador. Pouco tardou o Choco en recortar distancias, no minuto 64 Erick. E as cousas mudaron radicalmente nos últimos minutos coa expulsión de Santi Araújo e Ropero, por parte do choco. Con dous homes máis no campo, o Lalín anotou o 3-1 definitivo. O resultado deixa ó Choco na metade da táboa, cando restan dúas xornadas para rematar a liga. A permanencia non está aínda matematicamente asegurada, xa que hai moitos equipos candidatos nunha táboa moi apertada. A próxima cita será en Santa Mariña diante do Nigrán, o terceiro do grupo.
Primeira Autonómica
Arcade 2-0 San Martín
Berto e Adrián foron os goleadores do Arcade, anotando un tanto en cada período. Foi un partido intenso para poñer punto e final á temporada, e onde os dous equipos tiñan moito en xogo. O San Martín tentouno ata o último minuto, pero os de Jacobo Montes foron superiores. O equipo de Vilaxoán descende a Segunda Autonómica, xunto co Castrelos e o filial do Bouzas. O Arcade queda á espera dos arrastres que se poidan producir de categorías superiores.
Chapela 3-3 Bouzas B
O Chapela protagonizou un encontro con moitos goles, pero non foi quen de superar ó filial do Bouzas, e empataron a tres goles. O Bouzas B, malia o empate, é un dos tres descendidos, e deixa nunha situación delicada ós de Luis Ferreira, á espera do que aconteza nas categorías superiores.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará