Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela arrasa no Campionato Galego de Bateis

RR_Noticias

Os redondeláns impuxéronse en augas de Meira nas dúas categorías absolutas, tanto masculina como feminina. Isto supón un importante reforzo para o Campionato de España que se celebra esta fin de semana en augas do Porto de Ferrol.

O Club de Remo de Chapela fíxose cos dous títulos absolutos no Campionato de Galicia de Bateis. O masculino foi o máis complicado deles, pero tamén foi a regata máis fermosa da xornada de onte, cando se disputaron todas as finais. Chapela foi moi parella con Remedios, Amegrove e Tirán durante os catro longos da proba, pero os redondeláns ao final impúxose na liña de meta, aínda que tan só por un segundo, a Remedios. En mozas a diferenza das de Chapela con Samertolameu, que quedou na segunda praza, xa foi máis clara, con dez segundos de vantaxe. En xuvenís masculino a embarcación de Chapela fíxose coa terceira praza, por detrás de Tirán e Rianxo.
Estes resultados son tamén un éxito de cara ó Campionato de España que se celebra esta fin de semana en augas do Porto de Ferrol, xa que os dous primeiros de cada final disputada onte clasifícanse para o nacional. Poida que tamén o terceiro, pero todo dependerá das inscricións que presenten para a proba as distintas Comunidades Autónomas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará