Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os empresarios demandan aos políticos o polígono industrial, o PXOM e un plan de turismo

RR_Noticias

Entenden que o desenvolvemento local pasa necesariamente por acometer actuacións nese sentido e piden aos candidatos un “pacto” no que se inclúan medidas orientadas a defender e apoiar ás pequenas e medianas empresas “que en Redondela empregan a 8.000 traballadores”.

A Asociación de Empresarios de Redondela reuniu onte aos candidatos á alcaldía polos catro partidos que actualmente contan con representación municipal. PP, PSOE, BNG e PG nunha mesa redonda na que estivo presente o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP),  José Manuel Fernández Alvariño. O obxectivo da xuntanza era analizar conxuntamente as necesidades dunha vila que en palabras de Alvariño “está desaparecida pero non morta, porque conta con moitas potencialidades”. E precisamente para dar resposta as necesidades existentes reclamaba dos partidos un compromiso de cara a elaborar o Plan Xeral, crear solo industrial e promover un plan de turismo. Falaba tamén da “tremenda inxustiza” de que se manteña a peaxe na AP-9 para os redondeláns. No mesmo sentido se manifestaba o presidente dos empresarios José Antonio Gómez quen destacaba a necesidade de contar co compromiso dos políticos para camiñar xuntos nestes proxectos de primeira necesidade Gómez puña o acento nos problemas aos que se enfrontan as Pemes, o gran motor da economía local xa que son ao redor dun milleiro e dan emprego a 8.000 traballadores, polo que considera imprescindible promover o mantemento dos autónomos en momentos económicos tan difíciles como estes Alvariño eloxiaba o compromiso dos políticos así como os seus esforzos nunha vila con potencialidades pero tamén con problemas como o feito de estar “dividida en dous núcleos un dos cales mira cara Vigo”. Infraestruturas Respecto de obras pendentes como a construción da A-59, José Antonio Gómez defendía a obra pola “necesidade de novas infraestruturas para facilitar a comunicación e compensar a saturación que sofren as existentes” Finalmente o responsable da CEP insistía en que a necesidade do polígono é urxente “porque a día de hoxe non hai ningún espazo onde asentar ás empresas. Nese sentido anunciou que se reunirá co Conselleiro de Industria ou con Xestur para darlle un empurrón ao proxecto.

José Manuel Fernández Alvariño – Confederación empresarios
O presidente da CEP resaltaba as necesidades máis urxente para Redondela
José Antonio Gómez – Asoc. empresarios de Redondela
Falaba dos proxectos de primeira necesidade
Apoio ao pequeno empresarios e os autónomos
Gómez lembra que as Pemes das traballo a 8.000 persoas na vila
Unha vila con potencialidades
O presidente da CEP eloxiaba o apoio dos candidatos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará