Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O grupo redondelán Marxe Esquerda gaña o concurso de maquetas Millo Verde

RR_Noticias

A vitoria nesta IV edición do concurso dálles o dereito a formar parte do festival que a asociación organiza os vindeiros 11 e 12 de Xuño ademais de levarse os 300 euros do premio.

Unha igualada votación entre o público asistente ao concerto celebrado o venres no antigo mercado do gando de Redondela foi quen lles deu esta vitoria por unha marxe da tan so 5 votos. Concursaban tamén os grupos La akústicasesina e A tarantela Rabuda, que partían coa desvantaxe de xogar fora da casa.Con todo, a votación estivo moi igualada e foron tan so 5 os votos que fixeron posible a vitoria da agrupación redondelá.
O grupo Marxe Esquerda móvese nas músicas de punk rock e hai tan só uns meses presentaron o seu primeiro disco titulado igual que a banda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará