Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Soutoxusto por conducir baixo os efectos do alcohol

RR_Noticias

Un mozo de 30 anos de idade e veciño de Soutoxusto, R.B.D. foi detido na madrugada de hoxe por axentes da Policía Local logo de ser sorprendido ao volante do seu vehículo baixo os efectos do alcohol.

Os feitos producíanse á 1:15 da madrugada cando o mozo circulaba a gran velocidade ao volante dun Kia Picanto polo rúa Ernestina Otero no casco urbano da vila, supostamente e segundo declaración da Policía local “perseguindo a un gato”. Os axentes que casualmente pasaban pola zona déronlle o alto e procederon a realizarlle a proba da alcoholemia que deu un resultado de 0’70, polo que se procedeu á súa detención acusado dun delito contra a seguridade viaria.
O detido, que foi trasladado a dependencias da  policía en Vigo enfróntase á retirada do seu carné de conducir por un período que podería chegar a un ano e a unha sanción económica de 1.200 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará