Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As axencias de viaxes tentan sortear a crise con ofertas culturais

RR_Noticias

A recesión económica pesa como unha lousa sobre os cidadáns en xeral e sobre os veciños de Redondela en particular que ante as malas previsións optan por renunciar ás vacacións, aló menos en Semana Santa. Para contrarrestar estes negativos efectos as axencias de viaxe promoven alternativas económicas e ao alcance de todos os petos.

Chega a Semana Santa, uns días festivos que hai ata hai pouco eran aproveitados por moitos para facer unha escapada, unha opción que nos últimos dous anos ten sufrido un retroceso notable. Así o constatan nas axencias de viaxes que, para compensar a parálise do mercado, deciden contraatacar ofertando excursións adaptadas a todo tipo de petos. A Axencia de Viaxes Airbus de Redondela promove este tipo de excursións culturais que permiten facer escapadas que oscilan entre os 3 e os 5 días a lugares tan dispares como o Algarve, o País Vasco ou La Baeza, no sur da península.   As dificultades económicas fan que os veciños reduzan ben os días de vacacións ou opten por aloxamentos máis económicos. Tamén os últimos conflitos nos aeroportos provocan a desconfianza dos redondeláns que prefiren viaxes nos que non se contemplen desprazamentos en avión. Dende as axencias lembran que reservar con antelación pode supoñer un aforro importante e subliñan que este é un bo momento para viaxar a países do norte de Europa como Marrocos ou Exipto, xa que as revoltas no mundo árabe provocaron un descenso notable dos prezos para animar ao turismo que desconfía destes destinos.

Rafa Meijide Viaxes Airbus
A crise déixase sentir no sector turístico
Alternativas económicas
As excursións cultturais son opcións económicas e asequibles
Norte de África
Túnez Exipto ou Marrocos teñen perdido peso entre as opcións dos veciños

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará