Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ferido un peregrino en Cesantes atacado por un can de raza Akita Inu

RR_Noticias

O home, un peregrino alemán de 39 anos de idade, foi trasladado en ambulancia ao Hospital Xeral logo de que o animal, considerado de raza potencialmente perigosa, lle producira importantes lesións en cara, pescozo e mans.

Os feitos producíanse sobre as 8:45 horas de hoxe cando o peregrino se dirixía cara a Pontevedra. Segundo informou a Policía Local, ao pasar preto dunha vivenda en Cesantes, un can de raza Akita Inu saltou un muro e tentou atacar ao can que acompañaba ao peregrino. O home, ao tentar protexer á súa mascota, recibiu numerosas mordeduras que lle produciron feridas na cara, no pescozo e nas mans.
Unha ambulancia do 112 desprazouse ao lugar e trasladou ao ferido ao Centro de Saúde de Redondela, onde a médica de urxencias decretou o seu traslado ao Hospital Xeral dada a profundidade das lesións que presentaba o ferido.
Os cans de raza Akita están considerados de raza potencialmente perigosa, polo que agora o seu propietario deberá acreditar contar coa correspondente Licencia necesaria para a tenencia deste tipo de animais así como presentar o seguro de responsabilidade civil a terceiros.
O animal quedou custodiado pola empresa contratada polo Concello para a recollida de animais abandonados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará