Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un derbi que vale a permanencia

RR_Noticias

Arcade e Chapela xóganse moito máis que tres puntos no encontro que os vai enfrontar este domingo. A situación é complicada para os dous equipos da Primeira Autonómica, sobre todo para os locais, en postos de descenso. O vencedor melloraría moito a súa situación de cara á permanencia. De impoñerse os de Luis Ferreira xa terían case asegurada a categoría.

Primeira Autonómica Arcade-Chapela A xornada futbolística do domingo deixa unha interesante cita na nosa comarca, o derbi Arcade-Chapela, que enfronta ós dous equipos da bisbarra que militan na Primeira Autonómica. O duelo chega ademais na recta final da liga, cando restan só seis xornadas, e cando os dous equipos se xogan a permanencia. Os redondeláns, logo da goleada sobre o San Adrián, son 13º. Esta posición garante a salvación, aínda que queda por diante un final de liga moi duro. Comezando por este derbi que para Luis Ferreira “é unha final”. De gañar practicamente terían asegurada a categoría, e o Arcade quedaría case afundido. Os de Jacobo Montes, que non conseguiu pasar do empate co Gondomar, son 16º. Fan un bo fútbol, e de feito xogaron de igual a igual diante dun dos equipos máis fortes do grupo, que actualmente é o 3º da liga. Moi importante se prevé polo tanto o derbi comarcal que se xoga o domingo nun final de liga no que ata cinco equipos poderían descender a Segunda Autonómica.  

Luis Ferreira adestrador do Chapela
O técnico fai cábalas sobre o final de liga.
Arcade-Chapela
Para Ferreira é o partido máis imporante dos que restan esta temporada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará