Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os políticos apuran os últimos días permitidos pola Lei electoral para inaugurar obras

RR_Noticias

O presidente da deputación Rafael Louzán e o conselleiro de industria Javier Guerra inauguraron onte en Soutomaior as obras de humanización das céntricas rúas de Arcade, Rosalía de Castro e Illas Alvedoras onde se investiron 664.000 euros co fin de darlle un perfil máis comercial

A partir do día 28 e ata que se celebren os comicios de maio os políticos non poderán participar en actos como o que tiña lugar onte en Soutomaior: a inauguración das obras de humanización nas rúas Rosalía de Castro e Illas Alvedosas. O conselleiro de industria, Javier Guerra e o presidente da deputación Rafael Louzán visitaron o concello para inaugurar unha obras sufragadas a través dun convenio asinado polo Organismo Provincial e o Concello con 500.000 euros no caso da rúa Rosalía de Castro. A actuación na rúa Illas Alvedosas custou 164.000 euros  e financiouse a través dun convenio entre o concello e a Consellería de Industria.
En ambas as dúas vías fixéronse instalacións baixo a rúa colocando tubarias para pluviais, fecais, de gas e alumeado. Na superficie colocáronse máis de 2.100m2 de pavimento de pedra sobre as beirarrúas ampliadas e asfaltáronse 5.000 m2 de estrada. Ademais, instaláronse novas papeleiras, farois e bancos e plantáronse árbores.
Na súa visita a Soutomaior, Rafael Louzán quixo tamén visitar o depósito de augas de Moreira, realizado con cargo ao Plan de Investimentos da Deputación (PID). A comunidade de Moreira contaba cunha rede de abastecemento de augas de hai máis de 30 anos cun depósito de formigón armado de 250.000 litros de capacidade. O incremento de poboación dos últimos anos facía imposible un correcto abastecemento coa infraestrutura existente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará