Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O papel preventivo dos servizos sociais a debate

RR_Noticias

A concellería organiza a I xornada de iniciativas da promoción social e desenvolvemento comunitario en vilas intermedias. Os interesados en participar na actividade, que terá lugar o venres en Redondela, débense inscribir no teléfono 986 402608 ou nas oficinas de Servizos Sociais.

O obxectivo desta cita é ofrecer un espazo de encontro a profesionais e voluntarios onde debater e reflexionar sobre o papel preventivo dos servizos sociais comunitarios. Ao longo da xornada analizaranse experiencias novidosas como o banco de tempo que está a funcionar en Salceda ou a aula de integración de adolescentes que puxeron en marcha no veciño concello de Mos. Haberá oco tamén para analizar programas de prevención da dependencia ou do alcoholismo. Na mesa redonda na que se analizarán estas experiencias tamén se presentará o programa que se está a desenvolver en tres centros educativos do municipio: Cabeiro, Cesantes e Redondela, onde grazas á colaboración de profesores xubilados estanse a realizar unha serie de accións encamiñadas á integración educativa dos nenos e nenas emigrantes. O Xornada do venres arrancará ás 9:30 horas e contará tamén cunha charla a cargo do Subdirector xeral de inclusión social da Xunta, Daniel López Muñez quen falará dos servicios sociais comunitarios, mentres que o responsable deste departamento no consorcio de As Mariñas, Domingo Bayo falará do traballo en común neste eido.

Purificación Herbelo traballadora social
O obxectivo das xornadas é poñer en común actividades que se están a desenvolver na área de Vigo
Programa de apoio a infancia
En Redondela funciona un programa que permite aos voluntarios realizar apoio escolar en tres centros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará