Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian no Parlamento que os vertidos da A59 soterrarán un xacemento arqueolóxico

RR_Noticias

O BNG de Pazos de Borbén denuncia no parlamento que o vertido da A59 provocará o soterramento dun xacemento arqueolóxico en Amoedo. Os nacionalistas cualifican de “irresponsable” ao goberno local por non tomar ningunha medida para evitar este prexuizo para o patrimonio local

Os parlamentarios do BNG na Xunta e no Congreso dos deputados veñen de solicitar tanto á Consellería de Cultura como ao Ministerio de Fomento a paralización dun vertedoiro de residuos das futuras obras da A59 que provocará o soterramento dun xacemento arqueolóxico na parroquia de Amoedo.
Dende o Bloque de Pazos critican a falta de preocupación amosada polo goberno municipal de cara a defender o patrimonio arqueolóxico do Concello, xa que cando se levou este tema a pleno e se preguntou polas iniciativas que se ían levar a cabo para evitar a desfeita, o goberno local respondeu que “non atopara nos planos ningún vertedoiro en Amoedo, e que de existir dito soterramento arqueolóxico, as competencias serían da Consellería de Cultura, polo que o Concello non ía tomar ningunha medida”.
Ante esta responsa, o BNG lembra que Pazos de Borbén conta cunha grande riqueza en petróglifos por todo o seu territorio sen que o goberno do PP teña adoptado ningunha medida de cara a poñelos en valor, pero que de especial gravidade é o feito de que o concello non mostre ningún interese por evitar a destrución de tan rico patrimonio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará