Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O AVE deixará a Chapela sen tren

RR_Noticias

A asociación de veciños de Chapela en colaboración co colectivo Salva o tren, convocan mañá venres ás 19:30 horas unha asemblea para informar sobre o desmantelamento da vía do tren na parroquia e argallar un calendario de mobilizacións. No Congreso o deputado nacionalista Francisco Jorquera insta a Fomento a paralizar o desmatelamento das vías nesta parroquia.

A AVV de Chapela e o colectivo Salva o Tren convocan aos veciños a achegarse ao multiusos do Piñeiral para coñecer o prexuízo que suporá par a zona a perda do servizo ferroviario así como para estudar un calendario de mobilizacións en camiñadas a reivindicar o mantemento das vías que poderían dar servizo no futuro a un tren de proximidade.
Neste sentido apuntan que non se pode aceptar que a construción do AVE e a posta en marcha da liña do eixo atlántico de alta velocidade supoña a destrución dos servizos de proximidade tendo en conta a necesidade real dun transporte público eficaz que facilite os desprazamentos entre Vigo e Pontevedra. Aseguran ademais que dito servizo de proximidade sería a solución á ampliación de Rande.
Pregunta no Congreso
Por outra banda, o deputado nacionalista Francisco Jorquera rexistrou unha proposición non de lei e unha pergunta parlamentar na que insta ao Ministerio de Fomento a adoptar unha serie de medidas en relación coa creación futura dun servizo ferroviario de proximidade en Galiza.
En primeiro lugar, Jorquera pide a Fomento que paralice o desmantelamento de vías na Galiza como o acontecido en Chapela ata acordar o futuro das liñas que van ficar en desuso cando estea en marcha o Eixo Atlántico e demanda que se programe unha reunión coa Xunta para abordar a necesidade de creación deste servizo aproveitando as vellas liñas ferroviarias.
Reclama tamén que se execute a partida consignada nos Orzamentos do Estado 2011 para a realización dun Estudo para a implantación de servizos ferroviarios de proximidade no territorio galego. Por último, fai alusión ás numerosas estacións e apeadeiros de tren que se van pechar coa entrada en funcionamento do Eixo Atlántico. Neste sentido, demanda un Plan específico a fin de mantelas para o futuro servizo de proximidade ou evitar o seu abandono.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará