Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O mono Paco, un documental de premio

RR_Noticias

O documental “El mono Paco” do produtor vigués Piño Prego ten sido seleccionado como finalista para os premios Mestre Mateo que se fallarán o vindeiro 17 de abril. A historia do primate é unha escusa para lembrar a época de cambio que supuxo o inicio da década dos 90.

O audiovisual de Prego parte da historia do Mono Paco, o popular primate que se fixera famoso nos anos 90 principalmente polas súas tendencias onanistas manifestadas de xeito reiterado durante as semanas que permaneceu nunha gaiola na Alameda. Sen embargo, esta é tan só a escusa de Prego para percorrer a historia dunha época de cambio centrada no acontecido no ano 1991. Un documental onde non faltan as declaración de populares personaxes como Silvia Superstar, Julió Hernández, Eduardo Rolland ou Antón Reixa entre outros que lembran aqueles anos e tamén as portadas que chegou a protagonizar o mono. Pero tamén algúns veciños de Redondela como o que fora coidador do animal ou ao ex policía Manuel Fernández. Esta cinta está nomeada como mellor documental xunto cos título “Koruño, legado de Hércules”, “Lira, reserva de vida na costa da morte” e “Radiografía dun autor de tebeos”.

Piño Prego director
Un documental por onde pasan moitas caras coñecidas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará