Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR non se rende na recta final da liga

RR_Noticias

Quedan catro xornadas para rematar a liga da Primeira Nacional, e o equipo redondelán ten a salvación a cinco puntos. Matematicamente é posible, pero os de Javier Barrios xa non dependen de si mesmos para conseguilo, e precisan que fallen o Cisne ou o Toscaf. No club son conscientes de que o reto é “case imposible”, pero aseguran que traballarán duro “ata o final” para demostrarlle tamén o seu agradecemento á afección. A próxima cita será en Redondela co At.Novás.

Estamos na recta final da liga na Primeira Nacional do balonmán, quedan por diante catro finais para a SAR Peguform. O equipo redondelán, penúltimo na táboa, ten a salvación a cinco puntos, e aínda hai oito en xogo. Matematicamente a permanencia é posible, pero os de Javier Barrios xa non dependen de si mesmos para conseguilo. Precisan que, ademais, o Cisne ou o Toscaf sumen menos de tres puntos nas catro xornadas que restan. No club son conscientes de que o reto é “case imposible”, pero aseguran que traballarán duro “ata o final”, e que se perden a categoría non será por non loitar. O técnico, Javier Barrios, insiste en que a entrega do equipo “é total” e que o seu obxectivo é demostrarlle a toda afección o seu agradecemento polo apoio recibido esta temporada. A próxima cita será este sábado no Pavillón Municipal de Redondela, onde se medirán co At.Novás. O rival, na metade da táboa, practicamente non se xoga nada a estas alturas da liga, xa que ten asegurada a permanencia, e xa renunciaron á loito polos postos que dan acceso á fase de ascenso. Por iso podería ser un rival asequible para a SAR, xa que ven de facer unha segunda volta bastante irregular e chega a Redondela sen aspiracións. Pero Barrios non se fía, e agarda que non cheguen á bomboneira co obxectivo de “lavar a súa imaxe”. O obxectivo da SAR e gañar este partido na casa e logo ver os resultados dos rivais directos, coa esperanza poder recortar distancias.

Javier Barrios adestrador
O técnico recoñece as dificultades de acadar a salvación pero asegura que o tentarán ata o final.
SAR Peguform-Atl.Novás
O rival chega a Redondela sen xogarse nada nesta recta final da liga.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará