Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xuizo en Madrid para determinar a necesidade do estudo de impacto na ampliación da AP-9

RR_Noticias

A Asociación de afectados pola ampliación da AP-9 acusan a Fomento e Audasa de “xogar sucio” por presentar nova documentación a tan só un día laboral de que se celebra a vista preliminar na Audiencia Nacional mañá martes día 15.

Medio cento de veciños de Chapela desprázanse a Madrid para asistir á vista xudicial contra o Ministerio de Medio Ambiente pola ampliación da AP-9. Os avogados da Asociación de afectados  presentarán na Audiencia Nacional a información da que dispoñen sobre a necesidade de que o proxecto de ampliación, promovido por fomento para a autoestrada, conte cun informe de impacto no que se avalíen as consecuencias que a obra tería para o medio ambiente. Un estudo no que fan fincapé no feito de que a autoestrada estea asentada en espazos de Rede natura e que polo tanto deberían contar cunha protección especial. Critican que Audasa e a Ministerio de Fomento “non estean a xogar limpo” por presentar o pasado venres un documento rebatendo as teses da Asociación de afectados “sen practicamente tempo para que os avogados o estuden” segundo nos explicaba o presidente da Asociación Rafael Baltasar Respecto dos pasos dados ata o de agora lembran que xa conseguiron, grazas ás 1.200 alegacións presentadas que se teñan en conta as súas demandas en relación ás afeccións de parcelas, servizos e a necesidade de incrementar as insonorizacións para que os veciños da autoestrada conten cunha adecuada protección acústica

Rafael Baltasar asociación de afectados
O colectivo acusa a Audasa e Fomento de non xogar limpo
Alegacións
O colectivo enttende que as alegacións xa tiveron algo de efecto segundo se recolle no BOE do 23 de febreiro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará