Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Buscan aos autores de catro roubos en vehículos estacionados no Campo da Feira

RR_Noticias

Os ladróns aproveitaron a escuridade da noite para subtraer a radio de catro turismos que se atopaban estacionados nas inmediacións do quiosco Yupi na Avenida Mendiño.
Causaron importantes danos nos vehículos e nos catro casos leváronse os aparatos de radio.

Os feitos producíronse de madrugada e non sería ata primeira hora de hoxe cando unha das vítimas se decatou do sucedido. Ao chegar ao seu vehículo comprobou que a porta estaba forzada e que lle desaparecera o aparato de radio polo que se dirixiu á Policía Local a denunciar os feitos. Unha patrulla da policía desprazouse ao lugar e atopou tres vehículos coa ventaíña rota e sen aparato de radio.
Os automóbiles roubados foron un Peugeot 306, un Volkswagen Polo, un Daewoo Lanos e un Seat ibiza.
Unha información que lle foi trasladada á Policía nacional quen se encarga agora das investigación encamiñadas a dar co autor ou autores dos feitos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará