Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres mozos de Redondela detidos por conducir ebrios

RR_Noticias

Alcol, fin de semana e mozos ao volante, esas son as tres coincidencias que volvemos atopar nas detencións realizadas pola policía local na xornada de onte. Tres detencións que se producían nun curto espazo de tempo, entre as oito e as oito e media da mañá do domingo.

Concretamente un dos arrestos producíase ás 8:05 nun control na rúa Ernestina Otero. Os axentes déronlle o alto a un Audi A3 que circulaba a excesiva velocidade pola céntrica rúa, a pesar do cal o condutor fixo caso omiso e seguiu a marcha ata ser interceptado minutos despois no Paseo da Xunqueira. O mozo, de 24 anos de idade, deu 0’90 no control de alcoholemia, triplicando a taxa permitida ao volante. Ä mesma hora era detido tamén outro mozo de 28 anos de idade, quen ádemas de presentar unha elevada taxa de alcól en sangue carecía de permiso de conducir.
Media hora despois producíase a terceira das detencións. Neste caso o protagonistas era un mozo de 21 anos de idade quen foi interceptado nas inmediacións da Discoteca La Fábrica, triplicando tamén a taxa permitida.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará