Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Once parroquias contarán co servizo de ludoteca itinerante durante catro meses

RR_Noticias

O servizo que organiza a Concellería de Servizos Sociais e igualdade, promove a conciliación da vida laboral e familiar ao ofertar un espazo lúdico alternativo para rapaces de entre 4 e doce anos de idade.

A ludoteca itinerante arrancaba o pasado 21 de febreiro e prolongarase por espazo de catro meses nun total de once parroquias do municipio. Centros culturais e asociacións veciñais albergarán este servizo que ten como obxectivos por unha banda, favorecer a conciliación da vida persoal e familiar das nais e dos pais e pro outra propiciar unha colaboración a nivel comunitario entre asociacións veciñais, asociacións culturais e colexios. Uns colectivos que como axentes coñecedores das necesidades de cada parroquia ofrecen así o seu apoio e colaboración para que os nenos e as nenas dispoñan dun espazo lúdico alternativo. A responsable da ludoteca, Mónica Cabaleiro explicábamos a boa acollida do servizo que cada ano conta cunha media de douscentos participantes. Na ludoteca os rapaces, de entre 4 e doce anos desenvolven actividades variadas, que van dende saídas e excursións que lles permiten entrar en contacto co medio ambiente, obradoiros de cociña saudable para que practiquen e elaboren pratos onde froita e verduras estean presentes e, como novidade este ano, cursos de baile moderno e artes marciais. Para poder participar nas actividades da Ludoteca, as persoas interesadas deberán inscribir á nena ou ao neno directamente na sede da Asociación ou Centro cultural no que se desenvolva.

Mónica Cabaleiro responsable da ludoteca
O servizo facilita a conciliación laboral e familiar
Actividades variadas
O medio ambiente e a cociña saudable teñen tamén o seu espazo no programa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará