Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco aguanta ó Arousa e gaña pola mínima

RR_Noticias

Os de Julio Álvarez suman tres puntos de ouro no campo da Lomba. Os redondeláns aguantaron os ataques dos locais nos primeiros minutos, e Calo fixo o gol da vitoria cunha xogada maxistral. Vitoria tamén a domicilio do Chapela na Primeira Autonómica, e moitos empates na Terceira.

Preferente Autonómica
Arousa 0-1 Choco
Os locais saíron a polo encontro desde o primeiro minuto, e gozaron de ata catro ocasións para poñerse por diante no marcador. Pero o Choco soubo aguantar os ataques rivais e no minuto 24 púxose por diante grazas a un espléndido gol de Calo, que de costas á portería, fixo un regate imposible para desfacerse do seu marcador e poñerse diante de Diego, logo cruzou o balón, que foi á rede. A xogada fixo que o Arousa se desconcentrase, aínda que na segunda metade volveron saír a polo partido, con varias ocasións. Pero todas eran interceptadas pola defensa redondelá, que conservou a vantaxe e os tres puntos. O Choco escala así unha posición na táboa, son 11º, a próxima xornada reciben en Santa Mariña ó Xuventude Sanxenxo, o 5º (ven de gañar en Atios)
Primeira Autonómica
Caselas 0-1 Chapela
Os de Luís Ferreira mantéñense na 14ª posición da táboa despois da vitoria pola mínima no campo do Caselas (6º). Un bo partido do Chapela que aguanta o tirón e segue a sumar puntos para garantir a permanencia. O domingo recibe ó Valadares (10º)
Tomiño 3-1 Arcade
Non puido ser, os de Jacobo Montes non puideron facer fronte a un Tomiño moi superior. Os de Jacobo Montes están na posición 16º da táboa, moi complicada. Próxima xornada reciben ó Moaña, (8º).
Terceira Autonómica
Soutomaior 3-3 Cesantes
Interesante derbi comarcal, moi igualado, o disputado no campo do Soutomaior. Aínda que ó descanso o marcador reflectía un 1-0 a favor dos locais, na segunda metade o dominio foi do Cesantes, que remontou o partido e mesmo puido acadar a vitoria, aínda que finalmente o enocntro rematou en táboas. O CESantes está de 6º e o Soutomaior de 7º, cun punto menos. Na próxima xornada o Cesantes recibe ó Pontecaldelas (8º), mentres o Soutomaior xoga no campo do Praderrei, da parte baixa da táboa (13º)
Arcade B 0-1 Moraña
a derrota deixa ó filial do Arcade de 12º, o domingo xoga no campo do líder, o Beluso.
Choco 3-3Coia
Reparto de puntos que deixa ós redondeláns 5º, na próxima xornada volve xogar na casa, recibe ó Alcabre.
Gondomar 2-2 Vilar
Táboas no partido disputado o domingo en Gondomar, o Vilar mantense no posto 13º, o domingo recibe ó Ribera (11º)
Areas 3-3 Nespereira
Reparto de puntos, os de Pazos soben unha posición, ata o posto 11º . A próxima xornada reciben ó alpinista, da parte alta da táboa
Fútbol Sala-Autonómica Sur
Rodavigo Mos 7-3 Redondela
Mal resultado para o equipo redondelán que ademais non goza dun bo momento de xogo. Tampouco está a ter sorte o conxunto de Manoliño en canto ós propios xogadores, con moitas baixas. Por iso tiveron que recorrer a fichar a dous xogadores e tirar do equipo xuvenil co obxectivo de cubrir as necesidades deportivas e saír da súa crise de resultados. Hector Ferreira e Pablo Acuña son as novas incorporacións do equipo. A próxima cita dos redondeláns será o sábado, na casa, diante do Baitra Baiona, ás 16.30 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará