Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Proxección do documental “A nova aldea”

RR_Noticias

O Multiusos da Xunqueira acolle ás 20:30 horas de hoxe mércores a proxección do documental de Carlos Oro onde se inclúen diferentes historias arredor de iniciativas orixinais que amosan que vivir no rural é posible.

A asociación de consumo responsable Loaira proxecta esta tarde ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira o documental “A nova aldea” de Carlos Oro. Un documental que desenvolve a idea central do repoboamento do rural galego entendido este como un ecosistema que nun tempo foi prioritario para o desenvolvemento de Galicia, e que agora se atopa nunha crise profunda a piques da súa desaparición. O que se persegue é que sexa un documental non meramente descritivo, senón que albisque posibles solucións na dirección de conformar ou replantexar un novo hábitat rural vivible hoxe en día. Unha actividade que forma parte do programa que a asociación está a desenvolver durante este mes de febreiro e que persegue achegar ao público diferentes temáticas e experiencia que contribúen a repensar a nosa relación co medio. O venres 25 concluirá o ciclo cunha conferencia na casa da torre baixo o título “A horticultura urbana da Galiza” a cargo de Ramón Paz da asociación galega de hosticultura urbana.

Alberte Román Loaira
Un documental que nos achega a novas experiencias no rural

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará