Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os afectados pola AP-9 acudirán a Madrid a defender o contencioso administrativo

RR_Noticias

A asociación de afectados pola ampliación da AP-9 acordaron desprazarse a Madrid para defender ante a Audiencia Nacional o recurso contencioso administrativo que teñen aberto contra o Ministerio e no que solicitan que a obra se someta a estudo de impacto ambiental.

As últimas informacións do Ministerio de Fomento, nas que o seu titular José Blanco confirma que Autopistas do Atlántico ten preparado xa a licitación do proxecto para desdobrar a ponte de Rande non desalentan aos veciños de Chapela.
O colectivo de afectados é consciente das intencións de Fomento de poñer en marcha o proxecto de ampliación “antes do verán”, tal e como declarou onte en Vigo o titular de Fomento, pero tamén lembran que a día de hoxe o financiamento da obra -estimado en 200 millóns de euros- é toda unha incógnita.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará