Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O parlamentario popular Román Rodríguez informa en Redondela da Lei de augas

RR_Noticias

O PP local celebra esta reunión “ante as desinformacións vertidas por algúns colectivos e a inquedanza que se está a producir entre a poboación”. A cita será o mércores ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira

O Partido Popular de Redondela organiza unha conferencia informativa sobre a recente Lei de Augas de Galicia “ante as desinformacións vertidas por algúns colectivos e o consecuente nerviosismo e a inquedanza que se está a producir entre a poboación”.
Por este motivo entenden que é o seu deber celebrar esta reunión dirixida polo deputado do Parlamento de Galicia, Román Rodríguez e convidan a todos os veciños a achegarse o mércores ás 20:30 horas para que “escoiten de primeira man o contido desta normativa podendo atender e resolver as súas dúbidas”.
Unha lei aprobada no pasado mes de novembro e que está a ser moi criticada dende o BNG, partido que iniciou en Redondela unha campaña informativa e de recollida de sinaturas contra esta normativa que ao entender do partido nacionalista ten como único obxectivo “aumentar a súa capacidade recadatoria cun ben de primeira necesidade”. Algunhas das críticas do BNG a dita lei é que amplía o canon da auga e de saneamento, co que practicamente todas as vivendas do rural deberán pagar un novo imposto, que de termo medio pode superar os cen euros anuais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará