Hoxe é Venres 15 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xusto reparto de puntos en Santa Mariña

RR_Noticias

Os de Julio Álvarez fixeron un bo partido diante dun dos equipos máis fortes desta liga, o Gran Peña. Un dos mellores encontros dos que se teñen visto esta temporada no campo de Santa Mariña e que rematou con empate a dous goles. Xusto reparto de puntos nun encontro no que os dous conxuntos fixeron méritos.

Preferente AutonómicaChoco 2-2 Gran Peña
Os redondeláns mantiveron o tipo diante dun dos equipos da parte alta da táboa. Os visitantes comezaron o partido facéndose donos do campo, e xa no minuto 10 se adiantaban no marcador cun gol de Félix. A partires de aí os de Julio Álvarez pasaron a dominar o partido, con varias ocasións, pero non sería ata o minuto 25 cando igualasen o marcador cun pase largo de Bruno á banda dereita, Buján recibiu o esférico e bateu ó gardameta visitante de tiro cruzado. O Choco continuou creando oportunidades, pero foi o equipo visitante o que se volvía adiantar no marcador co 1-2 por medio de Yonathan Arias. No segundo tempo os dous conxuntos saíron ó ataque, cun xogo rápido e vistoso. Xa no minuto 60 Buján fixo un pase a Bruno dentro da área e o choqueiro levou ó balón ó fondo da rede, poñendo o 2-2 no marcador que sería xa definitivo. Con este resultado o Choco ascende unha posición, son 12º, próxima fin de semana xogan no campo do Arousa, da parte baixa da táboa (18º)
Primeira Autonómica
Chapela 1-2 Salvaterra
Os de Luis Ferreira non foron quen de superar ó Salvaterra, 3º do grupo, e aínda que fixeron méritos o marcador deixou o 1-2 a favor dos visitantes. O resultado deixa ós redondeláns na 14ª posición da táboa. Próxima xornada xogan no campo do Caselas (6º)
Arcade 2-1 Vilariño
O Arcade conseguiu tres puntos de ouro no partido disputado onte co Vilariño, con todo, os resultados do resto de equipos que loitan pola permanencia segue a deixar ós de Jacobo Montes en postos de descenso. Na próxima xornada xogan nun campo complicado, o do Tomiño (4º)
Terceira Autonómica
Cesantes 3-0 Salcedo
O Cesantes escala unha posición, agora son 6º, despois da goleada sobre o Salcedo, o penúltimo clasificado. Na próxima xornada disputa un interesante derbi, no campo do Soutomaior, dous equipos moi igualados, xa que os redondeláns tan só suman un punto máis.
Sampaio 3-2 Soutomaior
O Soutomaior (7º) ven de perder noutro derbi comarcal, co Sampaio, 3º do grupo. Na próxima xornada dispútase o derbi Soutomaior-Cesantes
Praderrei 3-3 Arcade B
Reparto de puntos nun partido con moitos goles onde os dous equipos fixeron méritos para levar a vitoria. Agora o filial do Arcade é 11º, na próxima xornada recibe ó Moraña, 5º clasificado do grupo.
Gran Peña 0-3 Choco
Os de Redondela impuxéronse con claridade nun encontro que dominaron de principio a fin. Agora son 5º, escalaron dúas posicións con esta vitoria. A vindeira xornada reciben ó Coia, 7º.
Vilar 0-3 Atios
O Vilar, no posto 13º, caeu derrotado polo equipo porriñés. Na vindeira xornada xogan no campo do Gondomar (9º).
Nespereira 1-1 Xinzo
Os de Pazos mantéñense no posto 12º logo do empate co Xinzo, un forte rival. A próxima xornada xogan no campo do Areas, da parte alta da táboa
Fútbol Sala-Autonómica Sur
Redondela 2-4 Lavadores
Os de Manoliño perderon o encontro disputado o sábado en Redondela diante do Lavadores, ó que hai que sumar tamén a derrota na pista do Abetos. Un partido aprazado que xogaron onte domingo e no que caeron por un avultado marcador de 6-2. O equipo non está a atravesar un bo momento, cada fin de semana suma moitas baixas, o que lle fai moi complicado poder afrontar os partidos con garantías. Agora son 14º na liga da Autonómica Sur. A xunta directiva está a tratar de incorporar novas fichaxes nos vindeiros días, aínda que polo de agora non hai nada oficial. E con esta precariedade no banco, os redondeláns afrontan a próxima cita ligueira, será o sábado no pavillón Óscar Pereiro, diante dun forte rival, o Rodavigo-Mos, 5º clasificado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará