Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Retiran o carné ao motorista que circulaba a 147 km/h por Cedeira

RR_Noticias

O infractor, J.M.P.A. de 35 anos de idade, deberá ademais abonar unha multa de 600 euros e realizar traballos sociais a favor da comunidade, por triplicar a velocidade permitida nun tramo da N-552 onde está prohibido circular a más de 50.

Así se acordou onte no Xulgado de instrucción número 1 de Redodnela onde estaba previsto que se celebrase o xuizo contra o mozo acusado dun delito contra a seguridade viaria por exceso de velocidade. Finalmente chegouse a un acordo de conformidade polo cal se lle retira ao imputado o carné de conducir por un periodo de un ano e se lle sanciona cunha multa de 600 euros.
Os feitos tiveron lugar o pasado mércores día 2 na N-552 á altura da parroquia de Cedeira. Un radar da Garda Civil de tráfico detectara na estrada N-552 entre Vigo e Redondela a unha moto Ducati 916 SL cando circulaba a 147 kilómetros por hora nun tramo que está limitado a 50. Ao mozo, veciño de Redondela e de 35 anos de idade, imputóuselle un delito contra a seguridade viaria por exceso de velocidade, xa que triplicaba o permitido na vía.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará