Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javier Barrios: “A salvación é difícil, pero o Peguform SAR loitará ata o final”

RR_Noticias

A situación do Peguform SAR é moi complicada, na penúltima praza da liga, a pesares da vitoria da pasada xornada sobre o Magope. O club xa non depende de si mesmo para asegurar a permanencia na categoría, e o seu futuro pasa polo que falan equipos como o Cisne, o Zamora e o Cafés Toscaf. Con todo o técnico, Javier Barrios, constata a melloría do equipo, que afronta con ilusión o reto. A próxima cita será en Vigo co Cinco Jotas.

Coa entrada do novo ano o Peguform SAR comezou unha nova etapa. Despois da destitución de Mingos Dacunha o club optou por fichar a un técnico de recoñecido prestixio. Javier Barrios, que ocupou o banco de equipos como o Octavio ou Teucro, aterrou en Redondela co obxectivo de “sacar do pozo” ó Peguform SAR, en postos de descenso da Primeira Nacional. Pero recoñece que o obxectivo é “moi complicado”. O conxunto redondelán xa non depende de si mesmo para asegurar a permanencia na categoría, polo que ademais de facer un bo traballo no que resta de temporada, teñen que contar co que fagan os equipos do Cisne, o Zamora ou o Cafés Toscaf. Con todo, o técnico aposta polo traballo que está a facer o equipo, e asegura que loitarán “ata o final” xa que a actitude dos xogadores é “a proba de bombas”. A pasada fin de semana os redondeláns conseguiron impoñerse na pista do Magope Seis de Nadal, cunha vitoria por 24-27. Barrios atribúe o éxito a que os xogadores fixeron un partido “equilibrado”, no que souberon manterse ata o final “sen perder a cabeza”. Na vindeira xornada teñen novamente unha cita complicada, volver xogar fóra da casa, na pista do Cinco Jotas. Para o técnico redondelán este é un dos equipos “revelación” da temporada, e viaxarán a Vigo coa intención de facer un partido “con intensidade”. Barrios aposta por consolidar o equipo para que continúe a melloría nos aspectos táctico e físico, e poder así seguir sumando puntos. A mágoa, segundo o adestrador, é non dispoñer de “máis tempo” de aquí a final de temporada para poder superar a actual situación da SAR.

Javier Barrios adestrador
O técnico fala das dificultades de conseguir a salvación
Cinco Jotas-Peguform SAR
A próxima cita dos redondeláns será en Vigo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará