Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

25 alumnos formaranse nun curso de tempo libre a partir de febreiro

RR_Noticias

O curso, organizado pola COncellerái de Servizos Sociais e impartido pola empresa FESAN, desenvolverase os sábados no Multiusos da Xunqueira e os participantes adquirirán coñecementos de psicoloxía, educación ambiental, expresión plástica así como técnicas de animación.

As motivacións que levan á xente a solicitar este tipo de formación responde sobre todo a motivos laborais, xa que procuran así abrirse á posibilidade de obter un traballo en centros socioculturais, campamentos, escolas infantís, garderías, ludotecas ou mesmo traballar en empresas de tempo libre. Tamén hai profesionais que xa desenvolven a súa labor no campo do tempo libre pero que carecen de formación recoñecida, polo que se achega ao curso para obter un título ou mesmo para actualizarse. A actividade que organiza a Concellería de Servizos Sociais e imparte a empresa Fesan, comezará o sábado 19 de febreiro e desenvolverase os sábados ata o 25 de xuño. En total a actividade terá unha duración de 350 horas e constará de 200 horas teóricas e 150 prácticas. O custe do curso é de 250 euros. Máis información no teléfono de Servizos Sociais no 986 40 80 43 ou no número 986 84 82 58 da empresa Fesan.

Sandra Seoane directora Fesan
As saídas laborais son moitas veces o que levan aos alumnos a inscribirse neste tipo de cursos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará