Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela imponse ao Porriño e a Sar afúndese cunha nova derrota ante o Lalín

RR_Noticias

Desigual resultado para os equipos de balonmán local que militan en primeira nacional. Mentres o Paraxe Chapela continúa mirando cara a zona alta da táboa logo de vencer ao Porriño por 38 a 29, a Sar non logra saír do penúltimo posto tras caer esta fin de semana por 29-19 ante o Lalín.

O encontro disputado en Chapela entre o Paraxe o o Porriño comezou con mal pe para os locais, que no primeiros minutos de partido sufrían unha dobre exclusións.
Con todo os de Fran teixeira souberon reaccionar asinando un parcial de 5-0. Os de Chapela melloraron na segunda parte chegando ao final do encontro cun favorable marcador de 38 goles a 29. Unha vitoria que lle permite continuar mirando cara a zona alta da táboa. Son cuartos da categoría e na vindeira semana desprázanse á casa do último clasificado, o Base Oviedo.
Bastante peor lle van as cousas aos xogadores da Sar. Desprazáronse o sábado ao campo do Lalí, rival que en só 15 minutos xa tiña o partido nas súas mans. Rematou o encontro cun aplastante 29-19 a favor dos lalinenses que deixa ao equipo redondelán inmerso nos postos de descenso. Máxima rivalidade na próxima cita, xa que a bomboneira vai acoller o partido entre a Sar e o Zamora, ambos os dous moi necesitados de puntos, xa que son segundo e terceiro pola cola respectivamente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará