Hoxe é Martes 27 de Outubro de 2020

A Audiencia Provincial desestima o recurso presentado contra a absolución de Rei

RR_Noticias

O alcalde de Redondela, Xaime Rei, respira tranquilo logo de que a Audiencia Provincial desestimase o recurso de apelación presentado polo Ministerio Fiscal contra a sentencia ditada en abril do pasado ano polo Xulgado do penal número 1 de Vigo que absolvía ao rexedor local dun delito de prevaricación. Na mesma sentenza absolvía da mesma acusación ao concelleiro de urbanismo, Emilio González Iglesias.

A sentenza ditada polo tribunal vigués ditada en abril do 2010 resolvía que os feitos xulgados non eran “legalmente constitutivos de infracción penal” polo que os dous imputados resultaban absoltos das acusacións de prevaricación polas supostas irregularidades cometidas na contratación e concesión das obras de humanización nas rúas Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubín. Sen embargo, o Fiscal decidiu presentar un recurso de apelación que agora ven de ser desestimado pola Audiencia Provincial. A Fiscalía solicitaba no seu día para os dous cargos políticos unha condena de nove anos de inhabilitación para o desempeño de cargo público en base a unha supostas irregularidades na contratación dunha obras que foran executadas no 2007 por valor de 124.320 euros para a renovación das redes de saneamento e abastecemento no centro da vila. A acusación partía dun informe elaborado polo naquel momento interventor municipal Modesto Solla quen advertía da ilegalidade dos gastos. O edil de urbanismo, González iglesias, entende que con esta resolución da Audiencia Provincial péchase un ciclo de 16 anos pero apunta que queda por aclarar “quen lle deu o informe do interventor ao denunciantes” e sinala directamente ao PP.

Xaime Rei desestimación do recurso
O rexedor local da por concluido o proceso xudicial
Emilio González Iglesias incógnitas
E edil pregúntase quen lle entrega ao denunciante o informe do interventor

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *