Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP empregará todas as vías ao seu alcance para deter a construcción da A-59

RR_Noticias

Aseguran que a construcción da A-59 “desintegrará o municipio”, levando por diante valores naturais e patrimoniais” e reiteran unha vez máis que a construcción da autovía tal e como está prevista por Fomento vai supor unha “brecha de cen metros que dividirá parroquias enteiras, que se verán afectadas no seu crecemento polas afeccións de lindes de forma indefinida e que vai supor a proliferación de viadutos de forma masiva”.

En contra do defendido polo goberno local, quen a través do seu concelleiro de urbanismo manifestara que a infraestrutura vai beneficiar ao 80% dos veciños, os populares aseguran que ninguén en Redondela apoia a construción desta vía pois “é un novo sacrificio para que outros poidan vender que desconxestionan a Ponte de Rande, o conta de esnaquizar o noso patrimonio natural e o territorio”.
O candidato do PP, Javier Bas engade que o posicionamento en contra do seu grupo responde á necesidade de “defender o noso, os nosos pozos, os nosos mananciais, regatos e arroios, fontes, labrados e carreiros, montes e miradoiros, ante un ataque sen sentido a todos estes valores naturais”. Lembran que nese sentido o seu grupo achegou unha petición ao Parlamento de Galicia solicitando a prioridade da A-57 coa alternativa 11, que comunica igualmente a parte norte da comunidade coa saída cara á meseta e que afecta de forma sensiblemente inferior ao municipio redondelán, desconxestionando a AP-9″.
Neste sentido Bas engade que van utilizar “todas e cada unha das vías que en dereito estean ao noso alcance para intentar deter a construción desta infraestrutura, que sumada ás tremendas obras que xa estamos sufrindo para a construción do AVE, vannos a dar o golpe de graza definitivo como municipio”.
Acusan ademais aos socialistas de “non estás ao lado dos veciños”, e pola contra “adoptar unha actitude partidista, ata o límite de defender publicamente este proxecto sen argumentos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará