Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Chapela que conducía en sentido contrario pola Avenida de Redondela

RR_Noticias

O home de 53 anos de idade quintuplicaba a taxa de alcol permitida ao volante. Na xornada de onte foron tres os condutores detidos pola Policía Local por conducir baixo os efectos do alcol polos viais do concello.

A primeira das detencións tiña lugar logo de que ás 18:45 horas se recibise unha chamada na Policía local alertando de que un vehículo Citroen AX estaba a circular en sentido contrario pola Avenida de Redondela. Ata o lugar desprazouse unha patrulla que localizou o turismo nas inmediacións da estación de ferrocarril onde o seu condutor estaba tentando aparcar. O home, Juan Javier C.T. de 53 anos de idade e veciño de Chapela presentaba inequívocos síntomas de atoparse baixo os efectos do alcol polo que se procedeu a realizarlle a proba de alcoholemia dando unha taxa de 1’31 o que supón que quintuplicaba a taxa permitida ao volante.
Xa de madrugada axentes da policía Local e Nacional detiveron a dous condutores nun control na N-550 á altura a gasolineira de Santa mariña.
Trátase de Juan Manuel F.G. de 46 anos de idade veciño de Vigo quen conducía un Volkswagen Touareg baixo os efectos do alcol do mesmo xeito de Jean Pierre B. de 60 anos quen ía ao volante dun Citroen AX a pesar de triplicar a taxa de alcol permitida.
Os tres detidos pasarán hoxe a disposición xudicial.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará